Sunday 28 de April de 2024

A Pobra abre o prazo da inscrición no Servizo de Madruga e Comedor para o curso 2023-2024


O estudantado prepárase xa para nuns días regresar ás aulas no curso 2023-2024. Na Pobra do Caramiñal contarase novamente co Servizo de Madruga e Comedor dirixido ás crianzas da infantil e da primaria, polo cal se abre o prazo da inscrición neles.

Trátase dunha medida que, segundo explica a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, busca facilita-la volta á rutina das familias e contribuír a que poidan concilia-la vida persoal e laboral. Os ditos servizos estarán operativos, polo tanto, a partir do día 11 de setembro, data en que inicia o ano académico.

A ficha de inscrición está á disposición en www.apobra.gal e tamén no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial. O trámite pódese efectuar precisamente nesta área municipal ou tamén a través das propias ANPA. No documento, ademais dos datos de carácter persoal e de contacto, deberase dar conta de información de interese como, por exemplo, enfermidades ou alerxias, ademais do período e número de horas elixidos para facer uso das prestacións.